top of page

RES MIRANDAE

O sobrenatural desde a Idade Media ata a actualidade

Curso de Verán (Santiago de Compostela, 1-3 xullo de 2026)

Home: Benvenuto

PRESENTACIÓN

Durante séculos, o “marabilloso” e o “sobrenatural” formaron parte da maneira medieval de interpretar o mundo. Santos e demoños, aparicións e milagres, monstros e símbolos conviviron nun universo onde a fe, a razón e a imaxinación dialogaban sen fronteiras definidas. O curso propón unha viaxe interdisciplinaria polo pensamento e as producións culturais da Idade Media no ámbito literario, histórico e artístico para descubrir como o “sobrenatural” se converteu nunha auténtica categoría cultural. A partir de enfoques da filoloxía, a historia, a arte e a antropoloxía, exploraremos como o invisible modelou a mentalidade medieval —e como esas mesmas preguntas sobre o misterio, a crenza e o descoñecido seguen vivas hoxe en Galicia

Home: Bio

OBXECTIVOS

  • Analizar o “sobrenatural” como categoría cultural e intelectual na Idade Media. 

  • Examinar o diálogo entre textos, imaxes e crenzas na construción do marabilloso. 

  • Integrar enfoques filolóxicos, históricos, filosóficos e antropolóxicos. 

  • Comprender a actual relación co sobrenatural, moi presente en Galicia. 

  • Promover o contacto entre estudantes, público xeral e especialistas internacionais. 

  • Ofrecer unha experiencia formativa interdisciplinaria e vivencial. 

Home: Bio

TRES XORNADAS

CONTACTO

Thanks for submitting!

Home: Contatti

©2026

by Manuel Negri. Proudly created with Wix.com

bottom of page